------------------------------------------------ | Mandrake Linux - Instruccións de instalación | ------------------------------------------------ * Configuración requirida * - Procesador Pentium ou compatible - Unidade de CDROM - Polo menos 32 MB de RAM - Tarxeta gráfica compatible con VESA 2.0 Instalar Linux-Mandrke é, na maioría dos casos, tan sinxelo como poñe-lo seu CD de instalación na súa unidade de CDROM, e reinicia-la súa máquina. Refírase ó punto 1. Nembargantes, hai outros xeitos de instalar Mandrake Linux, debería tentalos en orde: - Crear un disquete de arrinque con Windows - Outros métodos de instalación -------------------------------------------------------- 1. Arrincar directamente do CD O CDROM de Instalación é arrincable. Na maioría dos casos, insira o CD na unidade e reinicie a máquina. Siga as instruccións que aparecen na pantalla, e máis nada. -------------------------------------------------------- 4. Crear un disquete de arrinque con windows Se o seu ordenador non pode arrincar do CDROM e os métodos anteriores non funcionan, ten que crear un disquete de arrinque en Windows deste xeito: - insira o CDROM, e abra a icona "My Computer"/"Mi PC", prema co botón dereito na icona da unidade de CDROM e escolla "Open"/"Abrir" - vaia ó directorio "dosutils" e faga dobre clic na icona "rawwritewin" - insira un disquete baleiro na disqueteira - seleccione "D:\images\cdrom.img" no campo "Image File" (asumindo que a súa unidade de CDROM é "D:", doutro xeito remprace "D:" polo que necesite) - seleccione "A:" no campo "Floppy Drive" e prema en "Write". Para principia-la instalación, insira o CDROM na unidade, así como o disquete de arrinque, e reinicie o ordenador. -------------------------------------------------------- 5. Outros métodos de instalación Se por algunha razón os métodos anteriores non lle serven (quere facer unha instalación de rede, ou dende dispositivos pcmcia, ou...), necesitará tamén crear un disquete de arrinque : - En Linux (ou noutros Unix modernos), escriba na liña de comandos : dd if=xxxxx.img of=/dev/fd0 - En Windows, siga o método descrito no punto 4, pero usando xxxxx.img (mire abaixo) en vez de cdrom.img. - En MS-DOS, asumindo que a súa unidade cd CD é D:, faga : D:\dosutils\rawrite.exe -f D:\images\xxxxx.img -d A "xxxxx.img" é a imaxe de arrinque : - ``cdrom.img:'' instalar de CD-ROM. - ``hd.img:'' instalar de disco duro. - ``network.img:'' instalar de ftp/nfs/http. - ``pcmcia.img:'' instalar de dispositivos pcmcia. -------------------------------------------------------- Tamén pode usar unha instalación en modo texto se, por algunha razón, ten problemas coa instalación gráfica por defecto. Para usala, prema ``F1'' na pantalla de benvida de Mandrake Linux, e escriba ``text'' na liña de comandos. Se necesita facer un rescate do seu sistema Mandrake Linux, insira o seu CDROM de Instalación (ou o disquete de arrinque correspondente), prema ``F1'' na pantalla de benvida de Mandrake Linux, e escriba ``rescue'' na liña de comandos. Mire http://www.linux-mandrake.com/drakx/README para información máis técnica -------------------------------------------------------- Estas son as principais etapas da instalación: - Insira o seu CDROM de Instalación (ou o disquete de instalación se o necesita) e reinicie a súa máquina. - Prema 'enter' cando apareza a pantalla de benvida de Mandrake Linux e siga coidadosamente as instruccións. - Cando a instalación estea completa, saque o CD-ROM ó ser expulsado (e tódolos disquetes nas unidades); a súa máquina debería reiniciarse. - Linux debería iniciarse. Despois do arrinque, pode facer "login" na súa máquina como "root", ou calquera conta de usuario creada durante a instalación. Nota importante : a conta "root" daralle acceso sen restriccións ó seu sistema Linux. Non a use máis que para configurar ou administrar Linux. Para o uso diario, utilice unha conta de usuario normal cos comandos "adduser USUARIO" e "passwd USUARIO". ¡ Boa sorte con Mandrake Linux ! -------------------------------------------------------- Para soporte de instalación, mire a lista de difusión de Mandrake e as FAQs na páxina web de Mandrake: http://www.linux-mandrake.com --------------------------------------------------------